miércoles, 3 de abril de 2013

As Novas Tecnoloxías na Educación


A revolución tecnolóxica nos últimos anos afectou o desenvolvementos das técnicas de exposición. Agora é posible incorporar o noso sistema tradicional e conservador técnicas e recursos que fan posible o exercicio da docencia dun modo que motive ós alumn@s sen necesidade de perder rigor formal
Todos os cambios tecnolóxicos, sociais e económicos afectan o sistema educativo que atenderá a formación de novos cidadás e a incorporación das novas tecnoloxías coa perspectiva de favorecer os aprendizaxes e facilitar os medios que sustenten o desenvolvemento dos coñecementos e das competencias necesarias para inserción social e profesional.


 As tecnoloxías da información e da comunicación incorporáronse no proceso educativo dende fai uns anos. Nestes, demostrouse que:
Suscitan a colaboración dos alumn@s 
Axudan a centrar os aprendizaxes 
Melloran a motivación e o interese 
Favorecen o espírito de búsqueda 
Promoven a integración 
Estimulan o desenvolvemento de certas habilidades intelectuais tales como 
  • O razoamento 
  • A resolución de problemas 
  • A creatividade 
  • A capacidade de aprender a aprender

No hay comentarios:

Publicar un comentario