Aquí tedes un videopoema feito polos nenos de 3 anos
Benvidos ao blogue da aula de 2º de Primaria do cole. Aquí tedes á nosa mascota Hío que nos procurará facer mais doada e cercana á vosa educación.
viernes, 29 de marzo de 2013
viernes, 22 de marzo de 2013
TÓPICOS LITERARIOS
Os tópicos literarios son expresións que adquiren un significado mais aló do das palabras que a forman.
Preme e descubrirás algúns dos mais coñecidos e usados.
viernes, 1 de marzo de 2013
A ORIXE DA NOSA MASCOTA HIO
Fai moito tempo celebrábase na noite de Samaín un ritual polo
que se acendían fogueiras máxicas e se poñian caveiras nas portas das casas
para que non entraran os mortos. Esa noite se apagaban todas as fogueiras e todos
os da aldea ían en procesión tras os druídas ata o círculo de pedras e prendían
unha gran fogueira máxica.
Era o principio do
inverno, e o velo entre o mundo dos vivos e dos mortos era moi feble. O deus Samhain
dos mortos vencia o Deus Sol dos vivos.
Os vivos pensaban que se os mortos volvían era para facerlles
dano.Pero estes querían volver só para ver aos seus familiares e darlles
consellos porque notaban que se estaban apartando do bo camiño.
Por iso coa axuda dos druídas decidiron aproveitar esa noite
para crear unhas criaturas máxicas que lles axudaran e aconsellaran aos seus
familiares cómo debería de ser a súa vida.
E así unha noite de samaín do ano 2012 os nosos antergos
grazas ó lume da fogueira máxica e á forza da natureza crearon unha pequena
criatura chea de enerxía e de boa fe para poder guiarnos no noso andar pola
vida e apareceu no noso cole á nosa mascota Hío.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)