viernes, 1 de marzo de 2013



A ORIXE DA NOSA MASCOTA HIO

Fai moito tempo celebrábase na noite de Samaín un ritual polo que se acendían fogueiras máxicas e se poñian caveiras nas portas das casas para que non entraran os mortos. Esa noite se apagaban todas as fogueiras e todos os da aldea ían en procesión tras os druídas ata o círculo de pedras e prendían unha gran fogueira máxica.

Era o principio do inverno, e o velo entre o mundo dos vivos e dos mortos era moi feble. O deus Samhain dos mortos vencia o Deus Sol dos vivos. 


Os vivos pensaban que se os mortos volvían era para facerlles dano.Pero estes querían volver só para ver aos seus familiares e darlles consellos porque notaban que se estaban apartando do bo camiño. 


Por iso coa axuda dos druídas decidiron aproveitar esa noite para crear unhas criaturas máxicas que lles axudaran e aconsellaran aos seus familiares cómo debería de ser a súa vida. 


E así unha noite de samaín do ano 2012 os nosos antergos grazas ó lume da fogueira máxica e á forza da natureza crearon unha pequena criatura chea de enerxía e de boa fe para poder guiarnos no noso andar pola vida e apareceu no noso cole á nosa mascota Hío.

Hío vainos acompañar na noso día a día para ensinarnos aquelas accións que deberiamos rexeitar e aquelas outras das que deberiamos sentirnos orgullosos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario